jueves, 28 de febrero de 2008

AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN E A IMPLANTACIÓN DE COMERCIOS

Axudas a fondo perdido a comercios minoristas para a reforma, adaptación ou ampliación do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2. Tamén se subvenciona a adquisición de mobiliario, elementos de decoración e calqueira outro tipo de equipamento comercial, deseño e execución de campañas publicitarias e adquisición de vehículos de empresa.


Inversión mínima: 1.500 euros (IVA excluido)
Inversión máxima subvencionable: 50.000 euros.

Cuantía das axudas: ata o 50%, salvo para vehículos que só pode chegar ó 20%

Prazo de solicitude: ata o 31/03/08.

Máis información (DOG 28/02/2008):

http://www.xunta.es/diario-oficial

miércoles, 27 de febrero de 2008

SUBVENCIÓNS PARA NOVAS TECNOLOXÍAS EN COMERCIOS MINORISTAS

Axudas dirixidas a comercios minoristas para a adquisición de: ordenadores de sobremesa (no caso de vendedores ambulantes, subvencionanse: portais, axendas electrónicas, PDA e similares) e aplicacións informáticas adicadas a mellora da xestión comercial, impresoras, equipos multifunción, scaners, servidores, máquinas rexistradoras, terminais punto de venda, lectores códigos de barras, sistemas de medición e peso, sistemas de etiquetado e sistemas antihurto incorporados ó producto, creación de páxinas web e comercio electrónico, fotocopiadoras, teléfono, fax, equipos para tratamento da temperatura do producto..... Non se inclúe: cámaras dixitais, hardware e software que non se poda relacionar cunha mellora da xestión comercial.
Inversión mínima: 1.000 euros (IVA excluido)
Inversión máxima subvencionable: 12.000 euros, salvo para páxinas web e comercio electrónico que será 3.000 euros.
Cuantía: ata o 50%.
Prazo de solicitude: ata o 31/03/08.

Máis información (DOG 22/02/08):

http://www.xunta.es/diario-oficial


jueves, 7 de febrero de 2008

CONTRATACIÓNS INCENDIOS

A empresa pública SEAGA publicou as bases para a elaboración das listas previas para a posterior contratación de persoal para o servizo de incendios en distintas categorías: peóns, peóns especialistas...

Podes inscribirte en un máximo de tres categorías e dous ámbitos territoriais ou zonas xeográficas, e os requisitos a cumprir son:
- Ser español ou ciudadano da Unión Europea.
- Situación de legalidade en España (no caso de extranxeiros).
- Idade: ter cumplidos os 18 anos e non superar os 65.
- Titulación: según categoría, mínimo certificado de escolaridade.
- Non padecer enfermidade ou defecto que inhabilite para o posto.
- Non ter sido separado por expediente disciplinario do servizo en SEAGA ou calquera administración.
- Acreditar coñecementos de galego (diploma ou certificado), senón é necesario superar unha proba oral.

PRAZO DE INSCRICIÓN: finaliza o 19/02/2008

MÁIS INFORMACIÓN: pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, sita na Casa de Cultura ou na páxina web http://www.epseaga.com