jueves, 25 de septiembre de 2014

BOLSAS DA FUNDACIÓN FEUGA UNIVESIDADE-EMPRESA E ALCOA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS



Fundación Alcoa E Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) poñen en marcha un programa de formación con prácticas en empresas, Internship Program for Unemployed Youth, polo que 50 xóvenes titulados (que posúan un título de formación profesional ou unha licenciatura obtidos nos tres últimos anos) e desempregados, entre 18 e 24 anos, se beneficiarán dun programa de desenvolvemento profesional para facilitar  a súa inserción laboral, mediante a realización de prácticas en empresas do sector industrial durante dous meses. A presentación realizarase o próximo 9 de outubro nunha xornada que reunirá na sede de Feuga ás empresas participantes e aos interesados en ditas becas. Este sería unha primera toma de contacto, porque para ser beneficiario destas becas hai que estar inscrito como interesado no Servizo Público de Emprego.


Máis información e inscricións para asistir a xornada de presentación do día 9 de outubro:

http://www.feuga.es/es/


miércoles, 24 de septiembre de 2014

BOLSAS DE FORMACIÓN CONVOCADAS POLA EXCEMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

No BOP de Lugo do día de hoxe aparece publicada a convocatoría de dúas bolsas de formación, por un período de 12 meses, para colaborar na Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Requisitos específicos e obrigatorios das persoas solicitantes:

Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario e obrigatorio, ademáis de reunir os
requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución:
- Ser licenciado/a en Empresariais ou Grao en Empresariais
- Ser Licenciado/a en Económicas ou ter o Grao en Económicas
- Ser licenciado/a en Dereito/ Grao en Dereito
- Coñecementos informáticos.
- Ter experiencia na realización de análises estatísticos, económicos – sociais e culturais do territorio.
- Ter experiencia na posta en marcha de estratexias de desenvolvemento social, cultural e económico
- Ter coñecemento dos instrumentos normativos que regulan o municipio, a provincia e maila
Comunidade Autónoma..
- Ter coñecementos en lingua galega (Perfeccionamento e/ ou celga 4)
- Cantos outros estimen oportunamente a Comisión de Valoración para a mellor valoración da
idoneidade (aptitude e a actitude) dos candidatos/as para este programa formativo

Prazo de solicitude:  10 días naturais contados a partir do día seguinte o da convocatoria, é decir, ata o 4 de outubro.
 
Máis información:
 http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_10723_1.pdf#PAGE=2

lunes, 22 de septiembre de 2014

BOLSAS LEONARDO DA VINCI. PROXECTO LUGO JOB III. PRÁCTICAS NO EXTRANXEIRO

A Deputación abriu hoxe o prazo de inscrición das novas 50 bolsas Leonardo da Vinci, que se poden solicitar ata o 7 de outubro. Están dirixidas a lucenses menores de 35 anos, con titulacións relacionadas coa agricultura, silvicultura, pesca, medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. O modelo de inscrición e a información detallada sobre as becas atópase publicada en www.deputacionlugo.gal

O obxectivo das Leonardo da Vinci é mellorar a formación dos participantes, con prácticas en prestixiosas empresas de Europa, para facilitar a súa inserción laboral de volta no país. Teñen unha duración de 3 meses e medio. Nos primeiros 15 días, os beneficiados realizarán cursos de idiomas. Durante 3 meses, farán prácticas en recoñecidas entidades, vinculadas coas súas profesións, de países como Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda, entre outros. Durante todo o proceso, contarán cun titor, que fará un seguimento continuado da súa formación.

As becas son a custe cero para os mozos grazas ós fondos europeos que captou o organismo provincial. Están dotadas de 231.000 euros, financiados nun 70% pola Unión Europea e nun 30% con fondos propios da Deputación, que asuma os gastos de desprazamento, aloxamento, manutención, transporte local e de cursos de idiomas.

A previsión é resolver as bolsas de emprego antes de finalizar o ano para que os mozos comecen as prácticas a comezos do 2015.

Con esta nova convocatoria, xa son 310 as bolsas Leonardo da Vinci que pon en marcha a Deputación na provincia nos últimos tres anos.

viernes, 19 de septiembre de 2014

OFERTAS DE EMPREGO

Información sobre ofertas de emprego e outras de interese para persoas que buscan traballo no facebook da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo:

https://www.facebook.com/axentedeemprego.concellodeovicedo.94?fref=ts

lunes, 15 de septiembre de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial  (28 horas/semana), durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 2 de outubro.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 24 de setembro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o venres 26 de setembro a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do concello do Vicedo: Casa consistorial, Centró de saúde  e CEIP O Vicedo, por un período de 6 meses, e data de inicio prevista para o próximo 2 de outubro.

O prazo de inscrición remata o próximo día 24 de setembro, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección o venres día 26 de setembro a partir das 10:15 horas na Casa do Concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a media xornada, por un período de 6 meses

O prazo de inscrición remata o próximo día 19 de setembro, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día a partir das 10:00 horas na Casa do Concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.