lunes, 18 de septiembre de 2017

OFERTA DE EMPREGO. AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (30 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista é o día 06 de outubro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 27 de setembro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 28 de setembro de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: