lunes, 5 de marzo de 2018

OFERTA 2 PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS (DEPUEMPREGO 2017)

No BOP de Lugo de hoxe día 05/03/2018, publicouse o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dous PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, polo período de seis meses, subvencionados ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017, "Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.

O prazo de solicitude é de dez días naturais a partir da publicación do presente anuncio, polo tanto, será do día 06/03/2018 ao 15/03/2018 (ambos inclusive)

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións)

No hay comentarios: