miércoles, 21 de marzo de 2018

OFERTA EMPREGO AUXILIAR AXUDA NO FOGAR

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (29 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 17 de abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición está aberto desde o día 22 de marzo de 2018 ata o día 03 de abril, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 05 de abril de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: